top of page

 ... ás PERSOAS

 

Recibiremos formacións sobre a doazón de órganos, charlas sobre a prevención de riscos como a drogadición, coñeceremos unha ONG por dentro, recuperaremos fotos antigas, ... 

Por que ás persoas?

 

Porque o que lle acontece aos demais impórtanos!​

 

O alumnado desta etapa está na puberdade/adolescencia, e é nesa etapa da vida onde se acadan moitos dos valores que tratamos de fomentar, onde entran dúbidas sobre a propia existencia e na que se flirtea coas adicións.

 

  • PEGADAS DO ALCOL NO CEREBRO

É ben sabido, que os adolescentes recorren ao alcol como un xeito equivocado de divertirse. Pero o alcol non deixa de ser unha droga máis, que resulta relativamente fácil de conseguir polo que se está a converter nun verdadeiro problema social en case todos os países.

​

O problema que conleva o alcol, é que a maior parte dos mozos/as pensan que mentras que non se convirtan en alcólicos típicos, as consecuencias de beber a miúdo non son alarmantes, pero os danos causados por esta droga poden ser moi graves e incluso irreversibles.

​

Dende o colexio, esta é unha cuestión que nos preocupa, polo que a raíz da morte dunha menor como consecuencia dun coma etílico, decidimos realizar unha charla informativa sobre as consecuencias do alcol no cerebro e no organismo en xeral.

A charla-coloquio inciouse tomando como punto de partida a noticia do mércores 9 de novembro recollida no xornal “La Voz de Galicia” (que podedes consultar en http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/11/09/borracheras-adolescencia-dejan-huella-cerebro/0003_201611G9P27992.htm) na que resaltan os efectos do alcol en diferentes partes do organismo e fundamentalmente no cerebro, dando lugar a cambios de comportamento, perdas de memoria, dificultade de aprendizaxe, etc.

 

A charla, tivo como motor principal propiciar:

  • o coñecemento das consecuencias biolóxicas e sociais do alcol,

  • a reflexión sobre por que os menores beben,

  • así como reflexionar sobre as consecuencias sociais e familiares dos “botellóns”.

​

Cartel da Campaña da Xunta de Galicia contra o alcol en adolescentes:

​

​

  • CONECTAMOS BEN?

             Mozos e mozas que se tratan ben de = a =

Conectamos ben? é un programa que se enmarca nas actuacións recollidas no IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Vigo. O Plan recolle diversas accións que teñen como obxectivo implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia de xénero, sensibilizando especialmente a xente moza sobre as novas formas de violencia simbólica e real sobre as mulleres.

 

O programa ten como finalidade promover entre as mozas e os mozos o bo trato naqueles ámbitos nos que se desenvolve a súa vida cotiá: redes sociais, tempo de lecer coas amizades e o amor.

 

A psicóloga Yanire Fernández departíu co alumnado sobre os estereotipos do amor, apoiándose en lemas (“o amor real: sae dos contos”), cancións, imaxes e videos das redes sociais ou mesmo de películas, contribuindo a desmitificalos con rigor e doses de humor que captaron a atención dos adolescentres. Un coloquio final puxo a guinda a un obradoiro que seguro contribuíu a que os alumnos e alumnas vaian tomando conciencia sobre a realidade das relacións afectivas baseadas no respecto e na igualdade.

​

Os obxectivos do encontro foron:

  • Desmitificar os esteorotipos vinculados ao amor.

  • Tomar conciencia de que amor supón unha relación de igual a igual.

  • Espertar a sensibilidade e o respeto polo a persoa amada.

  • Orientar ao alumnado na toma de decisión persoais, cívicas e racionais.

  • Valorar as singularidades nas diversas formas de amor

  • Identificar e detectar as relacións de bo trato ou ben aquelas de mal trato coas que se poden atopar nesta etapa da súa vida.

​

​

Guía: conectamos ben?  do Concello de Vigo.

​

​

 

  • ESPÍRITO DE SUPERACIÓN

O medallista paralímpico Chano Rodríguez visitou o noso centro compartindo as súas experiencias vitais, primeiro co alumnado de Educación Secundaria, e logo coa de Educación Pirmaria. O encontro estivo marcado pola experiencia deste deportista que acumula 16 medallas na disciplina de natación. Un Chano Rodríguez que, partindo dun par de vídeos de corta duración, alentou aos mozos e aos nenos nos retos persoais ante a vida, empezando polos estudos para superar o curso, e remarcando tamén a importancia, que para acadar os nosos obxectivos na vida ten -como para el nos retos deportivos- gozar dunha alimentación sá e equilibrada. "Na vida nunca hai que rendirse -aconsellaba-, cando non aprobas un exame e un reto non se logra tes que analizar sempre as causas para saber onde fallaches, e a partir de aí voltar a intentalo".

​

Os rapaces escoitaron a charla admirados e ficaban abraiados polo espírito de superación e a vitalidade que transmitía  cada vez que respondía ás preguntas que lle facían. Ao remate, igual que aconteceu na anterior visita de Chano ao Centro (dous anos atrás), os alumnos de Educación Secundaria agasallárono recitando un poema. 

​

O Deportista, cos seus relatos foi quen de transmitir valores fundamentais na nosa sociedade, e sobre todo en adolescentes:

  • O concepto que cada un ten sobre si mesmo e as súas posibilidades (fomentando a autoestima).

  • A valoración do traballo en equipo, a victoria ou o fracaso non é responsabilidade dunha soa persoa cando se realizan traballos colaborativos. 

  • Asumir que cando non se acadan os retos ou obxectivos planificados, é que en algo nos equivocamos... pero é preciso volver a intentalo.

  • Non ten sentido vivir lamentándose polos erros do pasado, pero si é necesario recoñecelos e facer todo o necesario para non repetilos.

  • Valorar a alimentación como parte fundamental na saúde física

 

  • DESMONTADO OS MITOS DO AMOR ROMÁNTICO

O Colexio Possumus participa nunha nova edición de EnlazaVigo. O lema deste ano “Desmontando os mitos do amor romántico”.

​

EnlazaVigo é unha iniciativa do Consello municipal da Muller e da Concellería de Igualdade de Vigo para esixir a todos os poderes públicos e á sociedade en xeral un compromiso real e unha implicación decidida para combater o terrorismo machista.

​

Tras anos traballando en educación para a igualdade e prevención da violencia de xénero, aínda sorprenden opinións de mozas e mozos sobre o significado das relacións de parella. 

 

A permanencia de mitos que ligan as relacións afectivas co control, os celos, os sacrificios extremos e o abandono do propio ser en mans do outro, están moitas veces na orixe da incapacidade de responder de forma temperá aos sinais dunha relación que pode converterse nunha relación violenta.

​

Sorprende que conceptos como o de respecto, igualdade, liberdade, apoio e axuda mutua, non aparezan no primeiro lugar das prioridades dunha relación de parella.

​

Aludindo ao lema desta edición os alumnos do colexio Possumus traballaron na clase a inadecuada interpretación de mitos de amor romántico que se converten en causantes de crenzas e imaxes idealizadas que en numerosas ocasións dificultan o establecemento de relacións sas e tolerancia a comportamentos abusivos.

​

Os alumnos expresaron tamén artisticamente o seu compromiso na loita contra a violencia machista participando na exposición colectiva contra a violencia de xénero que manterase na rúa do Príncipe entre o 18 e o 26 de novembro.

  • DOAZÓN E TRANSPLANTE DE ÓRGANOS: O MELLOR AGASALLO

Tratando de concienciar aos alumnos dos últimos cursos da ESO sobre a importancia de dar vida a outros cunha parte de nós que xa non cumpre a súa función,  o Colexio Possumus concertou unha charla formativa organizada pola Oficina de Coordinación de Transplantes (OCT) da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

​

Marta Álvarez, como profesional da coordinación de transplantes, explica aos atentos asistentes que a doazón e o transplante de órganos e tecidos é unha oportunidade para que miles de persoas poidan vivir e mellorar a súa calidade de vida cando non quedan máis alternativas terapéuticas. Celso García Estévez, actualmente Presidente da Asociación de Receptores e Doantes de Órganos de Vigo ADROVI, confirma co seu testemuño como a súa esperanza de vida estaba limitada a un transplante. Celso tivo a sorte de ser receptor dun órgano no momento en que o precisaba.Mª Carmen Barra nai dun doante Vigués, moi coñecido e querido por alumnos e profesores do centro, xerou actitudes importantes nos rapaces que non puideron ocultar a emoción transmitida.

​

Abordouse a importancia de comunicar en vida aos familiares a nosa decisión sobre o trema para que respecten a nosa vontade e sexan portavoces da decisión no momento do falecemento. 

​

Mª Carmen Barra, non dubidou en dar a vida que o seu fillo perdera, pois era a vontade de Jonás Brito, alumno que todos recordamos con especial agarimo e que demostrou unha infinita xenerosidade. Coñecer que seis persoas viven agora grazas aos transplantes realizados cos órganos de Jonás reconforta a Mari tras a súa difícil experiencia.

​

Os transplantes de órganos están condicionados á dispoñibilidade de doantes. E aínda que vivimos nun dos países máis solidarios do mundo, pérdense moitos doantes por falta de consentimento familiar, e non todos os doantes morren nas condicións necesarias para que os seus órganos poidan ser empregados nos transplantes (unicamente ocorre nun 1% dos casos).

​

A charla foi moi emotiva e ao mesmo tempo esclarecedora, permitindo ao alumnado entender que:

  • Doar é unha cuestión de conciencia polo que debe respectarse a vontade persoal.

  • Un so doante pode salvar ata 8 vidas.

  • O feito de doar é un acto altruísta e solidario orientado a dar vida.

  • Existen moitos medos e prexuízos que nos impiden tomar esa decisión, por iso é preciso incidir nunha información clara e precisa que chegue a toda a poboación. 

​

A tenor dos aplausos dos alumnos, dos comentarios, reflexións e emocións expresadas no transcurso da charla, o obxectivo de concienciación sobre a importancia do transplante de órganos nos asistentes acadouse con creces. 

​

​

​

​

​

  • OUTRA OLLADA Á DISCAPACIDADE

Dende o centro, e tendo en conta que o 3 de decembro celébrase o Día Internacional da Discapacidade, tratamos de sensibilizar ao alumnado coa causa. Realizouse unha xornada de charlas co obxectivo de:

  • sensibilizar ao alumnado coa inclusión das persoas con discapacidade na sociedade. 

  • ​Dar visibilidade ás persoas con diversidade funcional e

  • concienciar aos alumnos na importancia da accesibilidade destas persoas no entorno físico, social, cultural e educativo para lograr a igualdade de dereitos.

​

Queremos que a concienciación do noso alumnado na igualdade de oportunidades e na integración sexa todo o ano, non só este día conmemorativo, polo que seguiremos levando a cabo durante todo o curso, actividades orientadas a visibilizar as capacidades destas persoas, eliminando estereotipos e prexuízos que aínda existen na sociedade. Porque deste xeito tamén ensinamos a DAR VIDA...

bottom of page