

... aos ANIMAIS
Visitaremos refuxios de animais, coñeceremos a un can guía, aprenderemos a respectar aos animais e a tratalos ben ...
Por que os animais?
Quen non ten unha mascota na casa ou desexaría ter unha?
Moitos nenos de estas idades piden como regalos animais, sen ser conscientes de que un animal é un ser vivo que precisa coidados e moita responsabilidade.
-
DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS
O catro de outubro celébrase en todo o mundo o Día dos Animais. Aproveitando esta data, primaria deu o punto de partida ao Proxecto de Centro Dar Vida. Ao longo da mañá, os alumnos dos diferentes cursos foron descubrindo por que motivo é o 4 de outubro o día elexido para celebrar o Día Mundial dos Animais.
Este día está oficialmente establecido en honra de San Francisco de Asís, santo patrón de todos os animais, veterinarios e dos ecoloxistas, e son moitas as anécdotas que contan a conexión especial e o poder que San Francisco tiña cos animais. A historia conta, que todas as especies de animais o escoitaban e obedecían as súas ordes, entre estas especies atopábanse as anduriñas que o seguían en bandadas e formaban unha cruz por riba do lugar onde el predicaba. Hai un historia interesante sobre un lobo salvaxe que devoraba ovellas e atacaba aos homes. Este lobo foi amansado por Francisco e deixou de agredir á xente.
Estas historias, que amosan o amor de Francisco pola natureza en xeral e os animais en particular foron as que motivaron á Organización Mundial de Protección Animal a instaurar o 4 de outubro (fecha na que finou) como o Día Mundial dos Animais.
O alumnado de primaria conmemorou o día profundizando na vida de San Francisco, e a través da súa vida tratáronse temas como:
-
a solidariedade,
-
o respecto cara os animais,
-
e reflexionaron sobre como a abundancia de cousas materiais non dan a felicidade (San Francisco naceu naceu no seo dunha familia italiana de gran poder adquisitivo, durante a súa etapa de xuventude, acostumaba a levar unha vida bastante despreocupada, facendo bastante obstentación das súas riquezas materiais. Sen embargo, pronto as súas inclinacións comezaron a cambiar. e desprendeuse de todo ben material. Ata a súa morte en 1926 San Francisco de Asís practicou unha vida rexida pola austeridade).
-
O concepto de adopción animal,
-
e a responsabilidade cara as mascotas e outros animais aínda que non sexan nosos.
Cántico de San Francisco de Asís: Hermano Sol Hermana Luna ou Alabanzas das Criaturas

-
CONTIGO ATA O FIN DO MUNDO
Antonio Túñez e Koke, o seu can guía, visitaron o centro para explicar o apoio que supón para un invidente o seu can.
Antonio foi inspector de Vitrasa, posteriormente profesor de autoescola e mesmo formou a marines na ETEA para que conseguisen o carné de conducir. No ano 2002 foi perdendo visión ata quedar completamente cego. Desde esa data tivo que superar moitos obstáculos para poder adaptarse á sociedade; para iso, unha das mellores solucións foi solicitar á ONCE un can guía que lle acompañase en todo momento. E así foi, dende hai xa uns anos, Koke forma parte da vida de Antonio pois é o máis fiel dos seus acompañantes, e entre eles existe un forte lazo de unión.
Os cans guía son adestrados en Madrid. As razas elexidas son labradores, "golden retrevier" ou pastores alemáns, “polo seu equilibrio temperamental”, según explica a organización (ONCE). Cando unha persoa solicita un can destas características, acode ao lugar de adestramento durante quince días para que tanto o can como o futuro dono se adapten. Unha vez transcorrido este tempo, o dono leva ao can ao seu fogar pero sempre cun adestrador para axudar a que o animal se acomode á vida do dono. Cabe destacar, que non todos os cans logran exercer a profesión de guía.
O alumnado comprobou que é imposible que Koke guíe a outra persoa diferente, posto que en canto o can percibe que non é Antonio o que está detrás da correa enseguida para. Ademais, moi amablemente Antonio respondeu as preguntas dos curiosos oíntes:
- Que fai Koke ante un semáforo vermello? Se para?: "Sabedes que os cans non distinguen as cores, polo que ás veces párase, pero non é seguro. Só se sinte seguro cando hai máis persoas esperando e en canto ve que unha cruza, el tamén o fai"
- Por que levas lentes de sol?: "Porque aínda que non distinga os obxectos, vexo moita claridade e moléstame".
- Podes entrar no autobús co can?: "Por suposto, un can pode entrar en calquera sitio excepto nun quirófano. Mesmo pode entrar nunha habitación de hospital.
- Como sabes que hora é?: "Porque o meu reloxo fala e dime as horas. O meu teléfono tamén o fai".
Esta experiencia vital permitiu ao alumnado comprobar que:
-
O home e os animais poden chegar a ser grandes amigos e mesmo compañeiros de vida.
-
Os cans guía permiten unha mellor integración dos cegos na sociedade.
E transmitir ao alumnado valores como:
-
O respecto aos animais.
-
A responsabilidade.
-
O compañeirismo.

Antonio e Koke

Antonio explica a súa experiencia.

Que difícil!
-
EFECTO DO CAMBIO CLIMÁTICO SOBRE A FAUNA
Manuel, meteorólogo de profesión acercouse a nosa escola para explicar aos alumnos de primaria en que consiste o Cambio Climático ou Quecemento Global e o seu efecto a nivel da fauna.
Todos sabemos que o cambio climático é unha realidade que cada vez ten máis repercusión nas nosas vidas. Na televisión podemos ver que as inundacións son cada vez máis frecuentes, que os invernos son menos fríos, a primavera parece que chega antes e as plantas florecen antes do esperado. Estes son síntomas do quecemento global que estamos a sufrir.
Está claro que de non tomar medidas, o mundo no que vivimos irá a peor e as formas de vida que nel habitan quedarán alteradas.
Manuel explicounos que o clima está cambiando polo xeito en que vivimos hoxe en día, en especial nos países máis ricos e economicamente máis desenvolvidos. As centrais que producen enerxía para que teñamos luz e calefación nos fogares, os coches e avións, as fábricas, a agricultura etc, son elementos que contribúen ao cambio climático.
Ademais, explicounos que existen tamén elementos naturais que favoren o efecto invernadoiro, tales como a gandería e os volcáns. Explicounos o efecto invernadoiro, causa directa do cambio climático e que ten a súa orixe nos gases que son liberados á atmosfera.
Como consecuencia destes cambios, especies como o oso polar chegan a hábitats propios do oso grizzly cruzándose e dando lugar ao chamado grolar. Ou ben, a desaparición das mariposas de Inglaterra.
Os alumnos entenderon que:
-
os efectos do cambio climático afectan a todo o planeta aínda que con máis incidencia nos países menos desenvolvidos.
-
o cambio climático produce efectos climatolóxicos extremos.
-
que as actividades do home favorecen este cambio aínda que tamén os fenómenos naturais teñen algo de culpa.
-
Os efectos xa se están vendo en zonas como Alaska onde especies que antes non convivían agora comparten hábitat (exemplo o grolar).
Os alumnos concienciáronse sobre:
-
a importancia das 3R e a necesidade de que cada un de nos aporte o seu gran de area.
-
o cambio climático é un problema que nos afecta a todos e debemos de ser consumidores responsables.


