top of page

Colexio Possumus

​

Este é o Proxecto de Centro para o curso 2016 - 2017, no que estamos implicados todos os membros da comunidade escolar.

 

O Proxecto divídise en tres apartados segundo o nivel educativo ao que nos refiramos.

 

Aquí recollemos todos os traballos feitos, as experiencias vividas e as aprendizaxes realizadas! 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

Os máis pequenos do colexio traballarán coas plantas. 

Este proxecto ten como obxectivos nesta etapa sensibilizar aos alumnos no respecto ao medio natural, así como crear vínculos coas familias a través dos vexetais.

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

O alumnado de primaria centrarase no mundo dos animais.

Nesta etapa procuraremos sensibilizar no tocante ao respecto aos animais, ao coñecemento da adopción animal e a concienciación de que un animal no é un xoguete senón un ser vivo do que responsabilizarse.

EDUCACIÓN SECUNDARIA

 

O alumnado de secundaria concienciarase sobre os procesos de doazón de órganos e a necesidade de apoio ás causas solidarias, a existencia de ONG's... dando vida .... ás persoas.

Paco Nogueiras e Brinca Vai!  - Canción do noso proxecto DAR VIDA ...

Fíxose agardar tras dous aprazamentos polo mal tempo, pero valeu a mágoa. Máis dun cento de personas vibraron na tarde do 12  de maio con PACO NOGUEIRAS e o seu BRINCA VAI! no Colexio Possumus en Vigo. O polifacético artista santiagués non defraudou e, entregado, meteuse a nenos de maiores no peto desde o arranque mesmo, cos seus diálogos, presentacións e cancións, coreadas unhas, bailadas outras, por un auditorio que o pasou en grande. 

 

Unha xornada que servía tamén para o bautismo da canción do proxecto de centro DAR VIDA que, musicada polo grupo de guitarra, a partires precisamente dunha canción de Paco Nogueiras ("A palabra ten vida"), foi presentada e cantada por tod@s. Ao termo as nais a pais que quixeron puideron coñecer por dentro a horta escolar posta en marcha nesta primavera por alumn@s e mestres/as, en colaboración con algúns pais/nais, e na que se dan, no só as prantas, senón que tamén albuerga un pequena granxa con pitiños. 

bottom of page